Correlingua 2014: “Galego, o paso adiante”

Parte da banda gañadora en 2013, do CEIP Otero Pedraio de Amoeiro
Parte da banda gañadora en 2013, do CEIP Otero Pedraio de Amoeiro
Velaí o lema escollido para as actividades do Correlingua 2014.

O Correlingua é unha actividade escolar de normalización e dinamización lingüística organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega,a Mesa pola Normalización Lingüística, os Concellos de Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Os Concursos de Banda Deseñada, Manifesto e Vídeo e culminarán en maio coas festas finais do Correlingua.

Os traballos deberán estar de acordo cos obxectivos xenéricos do Correlingua, que son:
• Propiciar a reflexión sobre a situación da lingua galega e a importancia de activar as accións en prol dela.
• Sensibilizar a sociedade, a través da poboación xuvenil, da importancia da defensa da lingua galega.
• Asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinares.

Ademais, como todos os anos o Correlingua lanza o concurso musical Cantalingua para escoller, entre os participantes, os grupos que actuarán nas festas do Correlingua.
O Cantalingua está premiado con 10 actuacións que se repartirán entre tres finalistas, terán lugar entre o 5 e o 16 de maio en diferentes vilas e cidades galegas, e están dirixidas ao público escolar que participará no Correlingua.

Prazos e ciclos educativos:

Manifesto – Secundaria e Bacharelato
Entrega: Até o 15 de marzo
Inscrición: Até o 1 de febreiro

Banda – Infantil e Primaria
Entrega: Até o 15 de marzo
Inscrición: Até o 1 de febreiro

Vídeo – Todos os ciclos
Entrega: até o 15 de marzo.

Máis información na web do Correlingua

Relacionadas:

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*