Repensando o curriculo educativo en Lingua e Literatura Galegas nun contexto social en mudanza

repensando-ensino-galegoNa Facultade de Filoloxía da USC. Días 21 e 22 de febreiro.

Nos últimos anos, o contexto social e sociolingüístico de Galicia está a sufrir profundas transformacións. A crecente desgaleguización do alumnado, tanto no que atinxe á lingua inicial como á habitual, o acelerado despoboamento rural ou a chegada de inmigrantes de orixes culturais diversas conforman un novo escenario para o ensino e aprendizaxe do galego. Completando o cadro, asistimos a un reforzamento de vellos prexuízos lingüísticos, que semellaban en retroceso, e a unha falta de compromiso para combatelos.

Neste contexto, parece necesario repensar o enfoque do currículo formativo en Lingua Galega e Literatura, atendendo a diversos aspectos, como a atención á diversidade sociolingüística do alumnado, as estratexias para a mellora de actitudes e para o fomento do uso instrumental do galego, a priorización de obxectivos, a introdución de novos recursos e metodoloxías no ensino da lingua, así como a coordinación coas outras materias de carácter lingüístico que conforman o currículo formativo do alumnado.

Estas xornadas enmárcanse nun proxecto máis amplo que pretende reforzar os vínculos entre o profesorado de educación secundaria e o universitario, de tal modo que aos aspectos arriba considerados cómpre engadir outro, o da situación do ensino da lingua e a literatura galegas na universidade, en relación co ensino e aprendizaxe de tales contidos na educación secundaria.

Destinatarios
Profesorado de Ensino Secundario da especialidade Lingua galega e Literatura e todas aquelas persoas preocupadas polo ensino e aprendizaxe da lingua e a literatura galegas.

Máis información e matrícula na web da USC

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*