‘Aquí e agora’, obradoiros para escolas e familias

veraneantesNO MARCO, en Vigo, deica o mes de xuño.

Obradoiros para escolares
Horario: 
 martes a venres de 11.00 a 13.30

Obradoiros para familias
Horario:  sábados e domingos de 12.00 a 14.00

Lugar: 
Salas de exposición e Laboratorio das Artes (1º andar)

[Actividade complementaria da exposición VERANEANTES]
Nestes meses, o programa educativo do MARCO, dirixido a escolares e público familiar, céntrase na exposición VERANEANTES. As visitas e obradoiros, especialmente deseñados e adaptados a distintas idades, axudarannos a achegarnos ás obras dos artistas participantes nesta mostra colectiva.
Para grupos de infantil, primaria, secundaria e bacharelato
Previa cita no tel. 986 113903. Pilar Souto

‘Veraneantes’, da que xa falamos en Botóns, é unha mostra de produción propia cuxo título alude a esa condición de reencontro que supón un proxecto circunscrito ao noso contexto máis próximo. Na súa acepción literiaria, remítenos á peza teatral Veraneantes, que Maximo Gorki estrenou en 1904. A exposición reúne un conxunto de obras en múltiples formatos e soportes distribuídas por todos os espazos da planta baixa do MARCO, incluíndo intervencións específicas en zonas de tránsito de visitantes no interior e exterior do edificio, e tamén outros ámbitos de actuación como a propia web do Museo ou o menú do MARCO restaurante&café.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*