I’m hungry!

ficha13-interiorO Caderno Verde de Sogama achéganos esta semana un recurso medioambiental para as aulas de inglés.

Os Amigos de Vilaverde tamén están aprendendo inglés. Imos de compras con eles? Let’s go to the greengrocer! O Caderno Verde de Sogama achega de balde outro contido para o segundo ciclo de Primaria. Desta vez para a área de Inglés.

Aquí podedes descargalo de balde: I’m hungry.

Caderno Verde é un portal educativo para axudar a introducir as boas prácticas ambientais no currículo escolar. Co lema “Educación para un futuro sostible”, botou a andar durante o curso 2012/2013 impulsado pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) co apoio daConsellería de Medio Ambiente.

Aloia, Brais, Tomé e Mireia, xunto co avó Celso e o can Cirilo, son “Os amigos de Vilaverde”, personaxes que acompañan os escolares nesta aventura de aprendizaxe ambiental na que tamén participa a coñecida Familia Trebón, protagonista da serie de videocontos do “Planeta Verde” de Sogama.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*