A Ecocasa

Unha ecocasa é unha vivenda pensada para que a vida diaria sexa o máis respectuosa posible coa natureza. Visitamos a dous amigos do profesor Uxío que decidiron facer un fogar coas tres regras nas que sempre insistimos para calquera aspecto da nosa vida diaria: Reducir, Reciclar e Reutilizar. No Caderno Verde de Sogama tamén podedes atopar ilustracións para colorear sobre este capítulo.

Da man da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA), están desde 2012 na internet galega as aventuras dun grupo de amigas e amigos moi especial que axudan a explicarlles aos máis cativos o que todos e todas podemos facer polo medio ambiente.

‘A familia Trebón no Planeta Verde’ é unha serie de contos en formato dixital que relata as ‘ecoaventuras’ protagonizadas polos cativos Lilia e Vito xunto cuns inesperados compañeiros chegados do espazo exterior: Carola Trebón, Anselmo Trebón e Lucas Trebón.

 

cap24-interiorPodes consultar tamén a actividade de Sogama nas redes sociais:

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*