“Coge3”, de Lugo ao mundo para limpar o planeta

coge3A próxima vez que vaias facer unha actividade ao aire libre recolle tres restos de residuos. Cada un de nós pode marcar a diferencia.

A idea xurdiu na Mariña luguesa e a Iniciativa Global Coge3 xa acadou ampla repercusión tamén fóra de Galicia. Unha das primeiras convocatorias, para limpar un vertido incontrolado na Praia dos Alemáns, en Foz, xa reuniu arredor dun cento de voluntarios que durante cinco horas foron capaces de retirar perto de 40 toneladas de residuos de todo tipo. Dende neumáticos até persianas ou lavadoras, o voluntariado non daba creto á inxente cantidade de lixo que nun entorno á beira do mar se foi acumulando.

Oscar García Alonso, un dos promotores e voceiro da iniciativa, xurdida dende o Club Augas Santas de Barreiros, contaba recentemente por exemplo que se interesou polo proxecto o propio Capitán Moore. Trátase do descubridor da bautizada como “illa de plástico do Pacífico”, unha zona que as correntes converteron nunha illa de refugallo no medio do océano. O capitán Moore ofreceuse de feito como embaixador da iniciativa. “Queremos concienciar e educar á cidadanía de que non se pode ensuciar o noso mundo”. E o que desexe formar parte dela, teno doado: cando saias a pasear, a gozar da praia, a montaña e, en xeral, do teu tempo de lecer, e atopes residuos, nin o dubides: Colle3, sácalles unha foto e compártea nas redes sociais antes de depositalos nos contedores correspondentes para propiciar a súa posterior recuperación e tratamento.

Acto global de limpeza na Semana da Terra
A iniciativa de carácter medioambiental, que conta coa colaboración de Sogama, convocou aos clubes, escolas, administracións e un longo etcétera de organizacións de calquera punto do planeta para que se unan a esta convocatoria, que terá lugar do 22 ao 30 de abril.

Os grupos interesados en unirse a esta actuación, só teñen que remitir a súa solicitude acogetres@gmail.com. O Día da Terra xirará este ano en torno ás “Cidades Verdes”, que deben facer fronte aos retos ambientais únicos do noso tempo para ser máis sostibles e reducir a súa pegada de carbono. Xa son varios os centros de Galicia e Euskadi que se sumaron a este evento

Máis información no grupo de Facebook
https://www.facebook.com/coge3

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*