Premio internacional de arte gráfico “Jesús Núñez”

premio-ciecPrazo aberto deica o 27 de xuño de 2014.

Na liña de apoio á creación artística que leva a cabo a Deputación da Coruña e, en concreto, ao desenvolvo da arte gráfico así como, en recoñecemento ao labor realizado pola Fundación â?’Centro Internacional da Estampa Contemporánea’? de Betanzos e á ampla traxectoria do artista Jesús Núñez, o seu fundador, a Deputación da Coruña convoca o ‘??IX Premio internacional de arte gráfica ??Jesús Núñez’?.

Establécense os seguintes premios:
* Primeiro premio indivisible, dotado con 6.500 â?¬ e unha exposición na Fundación CIEC.
Esta cantidade está suxeita ás retencións legais que lle sexan aplicables.
* Dous accesits consistentes cada un deles en bolsa de matrícula dun módulo do Máster de Obra Gráfica impartido pola Fundación CIEC.
O tres traballos premiados quedarán en propiedade da Deputación da Coruña; así mesmo, os autores do tres obras entregarán outro exemplar, igual ao premiado, á Fundación CIEC, con destino aos fondos da súa colección.
A Deputación poderá publicar ou expor o tres traballos premiados e, previo acordo cos seus autores, poderá publicar ou expor aqueles traballos que non sexan premiados e que o xurado considere de calidade.

Cada artista poderá presentar un máximo dunha obra, en calquera das disciplinas das técnicas gráficas: gravado calcográfico, litografía, serigrafía, xilografía e as súas derivacións.
As obras presentaranse asinadas, sen enmarcar e ao dorso deberá figurar o nome e apelidos do autor, e o ano da súa realización.
As medidas do papel non excederán de 76 x 112 cm e o tamaño da mancha impresa será, como mínimo, de 28 x 28 cm. O grosor das obras non poderá superar 1 cm
Á obra presentada achegarase a seguinte documentación:
* Datos do autor: nome e apelidos, NIF (ou documento que o substitúa, para artistas estranxeiros), lugar e data de nacemento, teléfono, correo electrónico.
* Curriculo que non exceda dun tamaño DIN A4, por unha cara.
* Ficha técnica: título, técnica, data, tipo de papel, medida do papel (altura x base), medida da mancha (altura x base), número de matrices, número de tintas, tirada e taller de estampación.
Cuarta.-
O prazo de presentación de obras comezará o día 2 de xuño de 2014 e finalizará o día 27 de xuño de 2014.

Máis información

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*