Evidencia científica do éxito dos programas escolares de prevención.
Axudar aos mozos a evitar comezar a fumar é un obxectivo de saúde pública ampliamente apoiado, e as escolas proporcionan unha vía para comunicarse con case todos os mozos. Un grupo de investigadores estadounidenses analizou se as intervencións escolares evitaron que os mozos comezasen a fumar. Ademais, trataron de determinar que intervencións son máis eficaces. Seleccionáronse estudos en varios países con escolares de entre 5 e 18 anos.
Trátase con probabilidade do máis exhaustivo estudo sobre a eficacia dos programas escolares de prevención do tabaquismo a nivel mundial. Segundo as conclusións, os programas máis exitosos son aqueles que combinan o desenvolvemento de habilidades sociais e competencias para adestrar ao estudiantado sobre como resistir a presión social fronte ao hábito de fumar.
Para ampliar: The Cochrane Library: School-based programmes for preventing smoking