Inicio » Actualidade » Xornada ‘O manexo do TDAH no ámbito educativo’

Xornada ‘O manexo do TDAH no ámbito educativo’

fundacion-ingada-tdhaIniciativa da Fundación Ingada. O 25 de abril. Na Coruña.

A Fundación Ingada (Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados), en colaboración coa Fundación Meniños e a Fundación Mª José Jove, organiza unha xornada sobre Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade que se levará a cabo o próximo 25 de abril na Coruña.

Programa:

Mañá:
10h.-10:45h: Fundamentos e bases do funcionamento cerebral no TDAH. Dra Lorena Gómez Guerrero. Psiquiatra infantil
10:45h.-11:30h: Modelos explicativos do TDAH. Ana Fátima Gómez Suárez. Neuropsicóloga
11:30h.-12:00h: Pausa-café
12:00h.-12:45h: Detección na aula do neno con TDAH. Luisa Vidal. Mestra.
12:45h.-13:30h: Reflexión/coloquio sobre os temas tratados

Tarde:
16:00h.-16:45h: Aspectos pedagóxicos do TDAH. Javier Román Maseda. Pedagogo
16:45h.-17:30h: Intervención na aula con nenos con TDAH. César Castro Fraguela. Psicólogo
17:30h.-18:00h: Pausa-café
18:00h.-19:00h: Pautas para o manexo do TDAH. Javier Román Maseda. Pegagogo e César Castro Fraguela. Psicólogo

Lugar de celebración:
Sede da Fundación Mª José Jove. Polígono da Grela. Edificio WorkCenter, R/Galileo Galilei, 6, 15008. A Coruña

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*