Auga e cidade

auga_guiaDentro das monografías científicas dos museos da Coruña, temos esta guía de preguntas e respostas sobre un recurso básico: a auga.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou en 2010 unha resolución pola que considera que o acceso á auga potable e ao saneamento básico é un dos dereitos humanos esenciais para o gozo da vida. Pero os estudos sobre as súas reservas e uso indican que é urxente tomar medidas para a súa conservación. Afeitos a utilizala coma se fose un recurso inesgotable, temos que cambiar hábitos e costume. Coñecer algúns datos básicos sobre o noso entorno axudaranos a iso.

Por exemplo, como funcionan as fontes? Se cadra non o pensamos, de onde vén a auga que flúe polo cano desa fonte a pé da túa casa. Nesta guía do Concello da Coruña fálannos en concreto de como funcionan na cidade herculina. E como se regan os xardíns, con auga potable ou reciclada? É a auga da billa tan boa como a embotellada? Como se calcula o prezo da auga? Que controis se realizan para comprobar e garantir a calidade da auga?

Descarga da guía ‘Auga e cidade’
http://mc2coruna.org/docs/mc2-agua-ciudad-gl.pdf

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*