IV edición dos concursos de Fotografía, Relato e Curtas polo Territorio

certame_territorio_AdegaAdega convoca unha nova edición dos certames.

O colectivo ecoloxista Adega convoca unha nova edición dos Concursos polo Territorio, unha oportunidade de retratar o estado actual do noso territorio a través da imaxe e da palabra. Os certames queren facer partícipe a cidadanía galega na reivindicación dunha ordenación territorial sustentábel “na que se freen as ansias especulativas dos poderes privados sobre o territorio en conivencia coa administración pública, e na que se propoñan alternativas máis coherentes coa defensa ambiental, coa cohesión social e coa posta en valor do noso patrimonio cultural”.

O prazo de presentación dos orixinais remata o 1 de novembro de 2014.

Toda a información e gañadores das edicións anteriores na web de Adega
http://adega.info/web/novas.php?id=167&idioma=gl&sec=7

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*