Imos de vacacións!

Chega o tempo de lecer e de facer plans. Ti xa pensaches o que facer? Mira o que cavilaron os Trebón.

Xa remata o curso. Que axiña pasou este ano, non si? É hora de irse despedindo dos compañeiros. Vémonos en setembro, amigos! Agora é tempo de lecer e de facer plans. Os días son longos e o bo tempo acompaña, así que non hai escusas. Ti xa pensaches o que facer? Mira o que vai facer a familia Trebón. Aquí podes ver e escoitar o ecoconto:

Da man da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA), están desde 2012 na internet galega as aventuras dun grupo de amigas e amigos moi especial que axudan a explicarlles aos máis cativos o que todos e todas podemos facer polo medio ambiente.

lilia_lee_549x549‘A familia Trebón no Planeta Verde’ é unha serie de contos en formato dixital que relata as ‘ecoaventuras’ protagonizadas polos cativos Lilia e Vito xunto cuns inesperados compañeiros chegados do espazo exterior: Carola Trebón, Anselmo Trebón e Lucas Trebón.

Podes consultar tamén a actividade de Sogama nas redes sociais:

 
 
 

2 COMENTARIOS

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*