Da man de Sogama viaxamos cos amigos da Familia Trebón para ver como se recolle o lixo nas rúas das nosas vilas.
Os operarios dos servizos de limpeza encárganse de recoller selectivamente o refugallo. Por iso é tan importante clasificar os desperdicios nas nosas casas e logo botalo no colector que corresponde.
Acompañamos a Anselmo, Antenas e Evaristo na recollida do lixo dos colectores. Aquí o eco-conto:
Da man da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA), están desde 2012 na internet galega as aventuras dun grupo de amigas e amigos moi especial que axudan a explicarlles aos máis cativos o que todos e todas podemos facer polo medio ambiente.
‘A familia Trebón no Planeta Verde’ é unha serie de contos en formato dixital que relata as ‘ecoaventuras’ protagonizadas polos cativos Lilia e Vito xunto cuns inesperados compañeiros chegados do espazo exterior: Carola Trebón, Anselmo Trebón e Lucas Trebón.
Podes consultar tamén a actividade de Sogama nas redes sociais:
- Facebook – Educación Ambiental Sogama
- Twitter – Educación Ambiental Sogama
- Tuenti Educación Ambiental Sogama
- O videoxogo ‘Separa para reciclar’
[…] CAPÍTULO 28: No camión do lixo […]