Curso de Educación Emocional

educacion_emocionalOrganizado pola USC, no Colexio Fingoi (Lugo), entre o 21 e o 24 de xullo.

Xogar, sentir e medrar. O crecemento emocional na infancia dende unha perspectiva sistémica. Aspectos teóricos e propostas educativas para Educación Infantil (0-6 anos)

O principal obxectivo do curso é sensibilizar ao profesorado de Educación Infantil e aos futuros mestres e mestras da necesidade de incorporar unha nova mirada sobre a infancia e sobre como levar a cabo intervencións desde unha perspectiva que contribúa ao benestar emocional dos nenos e das nenas e a un desenvolvemento harmónico e saudable.

PROGRAMA

O programa de actividades está organizado en dous tipos de sesións:

Sesións teórico-prácticas todos os dias dende as 9:30 ás 13:00h a cargo da profesora Silvia Palou, terapeuta familiar e profesora da Universidade Ramón LLull. Estas sesións desenvolvense con todo o grupo de participantes (máximo 60). A continuacion indícase a temática xeral de cada unha das sesións:
1ª Sesión: Luns 21 de Xullo
Claves para interpretar o crecemento emocional na infancia desde unha perspectiva sistémica.
2ª Sesión: Martes 22 de Xullo
Comprender as emocións: emocións primarias, secundarias e sistémicas.
3ª Sesión: Mércores 23 de Xullo
O sistema familiar e as súas implicacións emocionais. Tipoloxía de familias e ordes dentro dos sistemas.
4ª Sesión: Xoves 24 de Xullo
O funcionamento dos sistemas escolares e a súa relación co sistema familiar.

Obradoiros simultáneos: trátase de sesións de caracter máis práctico con grupos reducidos de 20 personas como máximo. Desenvolvense en duas partes: a primeira parte pola mañá de 13:00 a 14:00h e a segunda parte pola tarde de 16:00 a 19:30h.

Organizanse tres obradoiros simultáneos que se repetirán todos os dias de xeito que todos os participantes poidan ter acceso aos tres obradoiros:

Obradoiro 1:
Liberdade e límites en educación. Sentir e aprender novas actitudes e miradas cara á infancia.
Docente: Teresa Godall, Profesora titular da Universidade de Barcelona.

Obradoiro 2:
Como crear escenarios de xogo a partir da observación e da escoita.
Docente: Mª Antonia Riera Jaume, Profesora Titular da Universidade das Illas Baleares

Obradoiro 3:
O vínculo afectivo no espazo educativo. A implicación dos presupostos teóricos do Abrazo de vinculación de Jirina Prekop á dinámica da aula.
Docente: Mª Nieves López López, Profesora no Ciclo Superior de Educación Infantil do CIFP no Instituto Politécnico de Lugo.

Tanto nas sesións teórico-prácticas da mañá como nas sesións de obradoiros polas tardes, faremos un descanso de 30 minutos que poderá organizarse en distinto momento segundo a dinámica da sesión. Por este motivo, estes momentos de descanso non figuran con unha hora determinada no programa.

Luns 21 de xullo

9:00. Entrega de documentación
9:30. Inauguración oficial do curso
9:45. 1ª Sesión: Claves para interpretar o crecemento emocional na infancia desde unha perspectiva sistémica. (Silvia Palou, Terapeuta familiar e profesora da Universidade Ramón LLull.)
13:00. Obradoiros simultáneos
16:00. Obradoiros simultáneos

Martes 22 de xullo

9:30. 2ª Sesión: Comprender as emocións: emocións primarias, secundarias e sistémicas. (Silvia Palou, Terapeuta familiar e profesora da Universidade Ramón LLull.)
13:00. Obradoiros simultáneos
16:00. Obradoiros simultáneos

Mércores 23 de xullo

9:30. 3ª Sesión: O sistema familiar e as súas implicacións emocionais. Tipoloxía de familias e ordes dentro dos sistemas. (Silvia Palou, Terapeuta familiar e profesora da Universidade Ramón LLull.)
13:00. Obradoiros simultáneos
16:00. Obradoiros simultáneos

Xoves 24 de xullo

9:30. 4ª sesión:O funcionamento dos sistemas escolares e a súa relación co sistema familiar. (Silvia Palou, Terapeuta familiar e profesora da Universidade Ramón LLull.)

13:00 Entrega de diplomas e clausura oficial do curso

Máis información
http://educacionemocionalenlugo.blogspot.com.es/

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*