‘Innovarte’ seleccionada pola Rede Iberoamericana de Innovación

innovarteA bitácora InnovArte Educación Infantil é un dos dez proxectos innovadores seleccionados a nivel estatal para a representación na Rede Iberoamericana de Innovación, iniciativa da Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación (OEI).

Innovarte é un espazo na rede que manteñen dende hai cinco anos as mestras Ángeles e Isabel Abelleira dende a EEI do Milladoiro, no Concello de Ames.

“Ao abeiro do Plan Marco Metas educativas 2021, na pasada Conferencia de Ministros iberoamericanos celebrada en Panamá en setembro de 2013 aprobouse o proxecto de desenvolvemento profesional dos docentes que inclúe a mobilidade do profesorado, dándolle así un pulo para a creación de redes de innovación e intercambio de experiencias entre institucións educativas identificadas por países contribuíndo á profesionalización dos docentes. Así, a OEI, a través dos departamentos educativos de cada país membro fará a escolma das experiencias que considere para este intercambio (…)”

Toda a información na bitácora Innovarte
http://innovarteinfantil.wordpress.com/2014/05/27/innovarte-infantil-para-a-rede-iberoamericana-de-innovacion/

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*