Vencellan os proxenitores permisivos e autoritarios co risco de consumo de drogas

O obxectivo era ver que tipo de relación entre proxenitores e fillos protexe máis do abuso de drogas a partir de dúas variables: control e afecto dos pais / Imaxe: SINC
O obxectivo era ver que tipo de relación entre proxenitores e fillos protexe máis do abuso de drogas a partir de dúas variables: control e afecto dos pais / Imaxe: SINC
Un estudo europeo establece catro familias tipo e os riscos e beneficios de cada modelo de relación cos fillos.

Un estudio científico en seis países europeos ha analizado el papel que tienen los padres sobre el riesgo de consumo de alcohol, tabaco y cannabis de sus hijos. Tanto la actitud permisiva irresponsable como la imposición se relacionan con un mayor consumo de drogas que las crianzas que fomentan la buena relación con los hijos.

O consumo de alcohol, tabaco e cánabo ten unha gran prevalencia entre a mocidade a nivel estatal en comparación coa maioría dos países europeos, segundo os últimos datos do Observatorio Europeo das Drogas e as Toxicomanías.

Un equipo internacional liderado polo Instituto Europeo de Estudos en Prevención (Irefrea) con sé en Mallorca, xunto con outras universidades españolas (Oviedo, Santiago de Compostela e Valencia) e europeas, analizou o papel dos pais á hora de determinar o risco do consumo de alcohol, tabaco e cánabo dos seus fillos en seis países de Europa: Suecia, Reino Unido, España, Portugal, Eslovenia e a República Checa.

O obxectivo era dilucidar que tipo de relación entre pais e fillos protexe máis do abuso de drogas, a partir de dúas variables: o control e o afecto dos pais.

“Os nosos resultados apoian a idea de que os extremos non funcionan: nin autoritarismo nin ausencia de control e afecto. O que vai ben é que exista unha boa relación cos fillos. Neste sentido, pode ir acompañada de control directo (o que se denomina estilo “autorizativo” ou democrático) ou non (estilo mal chamado “indulxente” en inglés)”, declara Amador Calafat, primeiro autor do estudo que publica a revista Drug and Alcohol Dependence.

Catro estilos de familia segundo a súa relación cos fillos
A clasificación das familias é o resultado de combinar condutas que adoptan distintos graos de esixencia e responsabilidade.

Por unha banda, o modelo autorizativo engloba as familias que “proporcionan normas claras, razoan cos fillos de forma afectuosa e flexible, á vez que lles esixen o seu cumprimento”.

O modelo autoritario coincide co autorizativo en que son esixentes ou controladores, pero difire en que os pais e as nais son menos afectivos.

Doutra banda, os pais e nais do modelo neglixente e do modelo indulxente caracterízanse polo seu baixo nivel de represión; con todo, os primeiros son “pouco afectuosos” e os segundos “moi afectivos”.

Os resultados do traballo, que coinciden en toda Europa sinalan que os modelos indulxente e autorizativo son os que mellor funcionan, tanto para o consumo de sustancias como nos trastornos persoais. “Para a autoestima e o rendemento escolar, aínda é mellor cando os pais funcionan co estilo indulxente”, continúa Calafat.

“Este estudo permite que se faga un enfoque e un discurso común en Europa ante os programas de prevención de consumo de drogas”, engade o investigador.

Os resultados contrastan con estudos previos obtidos noutros contornos culturais, onde a imposición dos pais é “recomendable” (maioría anglosaxona dos EUA) ou “imprescindible” (culturas asiáticas).

En total entrevistáronse a 7.718 adolescentes, 3.774 varóns e 3.944 mulleres, de 11 a 19 anos de idade. “Desde unha perspectiva global da saúde persoal os estilos parentais “autorizativo” e “indulgente” presentan o mesmo nivel de protección ante o consumo de drogas”, di Calafat.

Ata agora relacionábase este último exclusivamente cos países mediterráneos e do sur de América. “Pero vemos que tamén é válido para moitos países europeos”, engade o investigador de Irefrea.

Referencia bibliográfica:

Amador Calafat, Fernando García, Montse Juan, Elisardo Becoña, José Ramón Fernández-Hermida. “Which parenting style is more protective against adolescent substance use? Evidence within the European context”. Drug and Alcohol Dependence, 138, 185-192. doi:10.1016/j.drugalcdep.2014.02.705

FONTE: Axencia SINC

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*