O CEP Sabarís de Baiona gaña o premio “Recíclate con Sogama”

illa_de_reciclaxeCo proxecto “Reciclándonos”. Premios tamén para centros de Sarria e da Fonsagrada.

Un completo abano de boas prácticas puxeron en marcha durante este curso os centros participantes no programa Recíclate con Sogama”, enmarcado no Plan Proxecta da Xunta, co obxectivo de fomentar a correcta recollida selectiva de residuos en orixe, propiciando o seu posterior reciclado.

Desde a entidade destacan o magnífico labor desenvolvido polos 17 colexios participantes, que foron avaliados en diversos baremos: medindo a adquisición de competencias básicas para a convivencia, a influencia sobre outros colectivos sociais tales como o profesorado e as familias, a capacidade para incluír o medio ambiente, e máis concretamente, a xestión e tratamento dos residuos urbanos, nas distintas disciplinas a impartir nas aulas, e cuantificando a calidade dos materiais depositados nos contedores que conforman as illas de reciclaxe, a implicación das familias e ata a dos propios concellos.

O CEP Sabarís de Baiona (Pontevedra), co seu proxecto “Reciclándonos”, proclamouse campión do concurso escolar, obtendo os mil euros en material escolar do primeiro premio e 150 entradas para o Aquapark de Cerceda. O segundo posto recaeu no CEIP Ntra Señora da Asunción de Sarria, e o terceiro, no CEIP Santa María da Fonsagrada. Ademais, e co fin de recoñecer o traballo e esforzo daqueles centros que, sen ser gañadores, destacaran polo seu traballo, a empresa concedeu tres accésit. É o caso do CEIP Plurilingüe de Nantes, en Sanxenxo, o CEIP O Pombal de Vigo, e o CEIP Plurilingüe Fonte Díaz, de Touro.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*