Concurso “A miña mellor foto ambiental do verán 2014”

fotografia_ambiental_sogamaSogama convida á volta das vacacións a enviarmos as nosas mellores instantáneas con pegada ambiental.

A través desta campaña ínstase á cidadanía a remitirlle á entidade, en soporte dixital, as instantáneas ambientais máis destacables do verán 2014. As fotografías deberán recrear calquera paraxe natural ou motivo ecolóxico vinculado a Galicia. As candidaturas deben facerse efectivas a través da conta de correo electrónico cmc@sogama.es no período comprendido entre o 1 e o 30 de setembro de 2014.

Todos os que se sumen a esta iniciativa poderán participar no sorteo dun curso de kitesurf para dúas persoas, incluíndo a correspondente comida, que se impartirá na localidade lucense de Barreiros por parte dunha empresa especializada na materia. Con esta promoción, Sogama pretende contribuír a xerar conciencia sobre a necesidade de protexer e conservar o prezado patrimonio natural, principal seña de identidade da nosa terra.

Máis información e bases (.pdf)
http://www.sogama.es/sites/default/files/campanha/2014/06/7815_quota-mina-mellor-foto-ambiental-do-veran-2014quot.pdf

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*