VII Congreso de AGAPEMA

congreso_agapemaNa Facultade de Matemáticas de Santiago os vindeiros días 26 e 27 de setembro de 2014.

Sétima edición do congreso organizado pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática. Un foro de presentación dos traballos e iniciativas máis salientables realizados en Galicia no eido da educación matemática ao que están convidados todos os docentes de Infantil, Primaria e Secundaria.

As dúas conferencias plenarias do congreso levarán a dous coñecidos profesionais e divulgadores: Clara Grima e Pedro Alegría.

Clara Grima é doutora en Matemáticas e profesora titular da área de Matemática Aplicada da Universidad de Sevilla. Ademais do seu labor docente e investigador é unha recoñecida divulgadora das Matemáticas. Ten publicado o libro “Hasta el infinito y más allá”, editado por Espasa, onde nos achega determinados conceptos matemáticos dunha maneira moi práctica e orixinal a través dunha personaxe creada por ela, Mati. Clara Grima escribe actualmente para JotDown, CienciaXplora, eldiario.es, Naukas e 20minutos.

Pedro Alegría é doutor en Matemáticas e profesor da Universidad del País Vasco, faceta coa que desde hai moitos anos comparte coa súa outra grande paixón: a maxia. Ten publicados varios libros, entre outros, “Magia por Principios”, onde recolle a súa ampla experiencia como mago e profesor. A el lle corresponderá poñerlle broche de ouro a este evento.

Formulario e normas de inscrición

http://www.agapema.org/?q=InscricionVIICongreso

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*