O reto de aprender nos cárceres

revista_galega_de_educacion_n59Nova Escola publica o nº59 da Revista Galega de Educación, que inclúe monográfico sobre o ensino nos centros penitenciarios.

Mar Lorenzo Moledo e Cristina Varela Portela coordinan o monográfico de Nova Escola Galega para o nº59 da Revista Galega de Educación, baixo o título ‘O reto de aprender nos cárceres’.

Cristina Varela escribe tamén o artigo “Que debemos saber sobre o sistema penitenciario? Algúns apuntamentos en clave educativa”, co obxectivo de proporcionarlle ao lector unhas claves básicas para comprender o funcionamento e a acción educativa nun centro penitenciario. Pola súa banda, Mar Lorenzo é autora de “Ser universitario nun centro penitenciario: unha análise dende o Espazo Europeo de Educación Superior”, onde se analiza o desenvolvemento dos estudos superiores nestes centros a carón do Espazo Europeo de Educación Superior.

O monográfico tamén achega unha reflexión a cargo do Grupo Universitario de Teixeiro (GUT), onde desde este centro penitenciario galego se reflicte a realidade do alumnado neste contexto e nos contan como “despois de todas as dificultades que se lles presentan no día a día, finalmente paga a pena”.

Escriben tamén neste número Miguel A. Santos Rego, co artigo “A xestión da diversidade cultural en centros penitenciarios”; Francisco José del Pozo Serrano e Fernando Gil Cantero, con “A educación como eixe vertebrador do tratamento penitenciario”; José Antonio González Barbeito, “A escola intramuros: vivencias educativas do profesorado e do alumnado”; Margarita Armenta Beltrán, Enrique Ibarra Aguirre e Héctor Manuel Jacobo García (da Universidade de Sinaloa, en México) coa reflexión “Transicións profesionais. O caso dos educadores do complexo penitenciario de Islas Marías”; Dionisio Rodríguez Martínez, autor do artigo “A experiencia dos modulos de respecto: unha alternativa educativa á prisión tradicional” e Concepción Aroca Montolío, autora de “Existen programas eficaces no medio penitenciario? O caso do PPS”.

Completan a revista foro do mográfico outras interesantes reflexións sobre moi diversos temas:

Escola e comunidade. A experiencia dunha educadora social en prácticas no IES Antón Fraguas
Laura Morales
(Universidade de Santiago)

Cinema rural en lingua propia
Grupo de innovación educativa Ruralia
(Universidade de Santiago)

Vicente Risco: mestre de mestres cos pés na Terra
Xosé Manuel Cid Fernández
Antía Cid Rodríguez
(Universidade de Vigo / Universidade da Coruña)

Unhas casiñas para os nosos paxaros: un achegamento ao bosque autóctono desde a educación artística
Lucía Darriba Rodríguez
Alba Fernández Braña
(Mestras de Educación Primaria)

O labor de dinamización lingüística do CPI de Navia de Suarna: a máis e mellor
Xulia Marqués Valea
(Secretaría Xeral de Política Lingüística)

Modelo finlandés de educación para todos. Experiencia dunha visita de estudos
Emilio González Legaspi
(IES Marqués de Sargadelos – Cervo)

Asia en Quick Response (QR)
María Albarellos Codesido
Julia González Pérez
(CEIP López Ferreiro – Santiago)

O xogo popular tradicional no concello de Xove, unha ollada á realidade lúdica
Rubén Navarro Patón
Marta Álvarez Fernández
Silvia Basanta Camiño
(Universidade de Santiago)

30 anos debuxando soños. De cando Paco Martín descubriu as Cousas do señor Ramón Lamote
Miguel Vázquez Freire
(Nova Escola Galega)

Na cociña de noite, de Maurice Sendak
Iria Sobrino Freire
(Universidade da Coruña)

Xoguetes naturais. Argalladas dos pícaros. Primavera-verán, de José Manuel García Fernández e Xosé López García
Paco Veiga
(Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional)

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*