Os antibióticos

Autores: A. Hernández Merino (Pediatra, Centro de Salud La Rivota). Madrid. M. Quiles Cano (Enfermeira pediátrica, Centro de Salud Gregorio Marañón). Madrid.

Que son os antibióticos?
Os antibióticos son medicamentos que atacan a algunhas bacterias e axudan a combater e curar as infeccións que causan. Actúan matando as bacterias ou impedindo que se reproduzan.

O seu uso correcto pode salvar vidas. Pero os antibióticos poden facer máis mal que ben cando non se usan do xeito apropiado.

antibioticoOs antibióticos funcionan contra todas as infeccións?
Tanto as bacterias como os virus poden producir infeccións. Pero os antibióticos soamente funcionan contra as infeccións causadas por algunhas bacterias. Os antibióticos non combaten as infeccións causadas por virus, como por exemplo arrefriados, gripe, a maioría das causas de tose e bronquite e a dor de gorxa en xeral.

Se un virus causa unha enfermidade, tomar antibióticos pode provocar máis danos que beneficios. Cada vez que unha persoa toma antibióticos, aumenta as posibilidades de que as bacterias presentes no seu corpo se fagan resistentes a eles. No futuro, seu fillo/a (ou vostede) podería contaxiarse ou diseminar unha infección que eses antibióticos non poidan curar.

Que podo facer nas infeccións por virus?
Non espere que os antibióticos curen estas enfermidades. Con frecuencia, o mellor que vostede pode facer é deixar que os arrefriados e a gripe sigan o seu curso e soamente usar medicamentos para aliviar os seus síntomas (por exemplo, a febre alta). Ás veces, un catarro pode durar dunha a dúas semanas, sen que iso signifique que algo non vai ben. O pediatra ou a enfermeira poden darlle consellos sobre o que vostede pode facer para aliviar os seus síntomas mentres o seu corpo usa as defensas naturais contra o virus.

Cando se necesitan antibióticos?
A resposta depende de que é o que está causando a infección. O seu pediatra indicaralle se o cativo debe tomar antibióticos. Esta táboa pode orientarlle:

Se a enfermidade é Está causada por
Necesita un antibiótico?
Comentarios
Virus
Bacterias
Arrefriado, catarro
+
Non
Case sempre os virus causan estas infeccións. Non deben tratarse con antibióticos
Bronquite, tose
+
Non
Gripe
+
Non
Diarrea
+
Non
Mucosidade nasal (de calquera cor)
+
Non
Dor de gorxa con ou sen febre
+
+
Xeralmente non
O seu pediatra indicaralle se necesita antibióticos
Infección de oídos
+
+
Ás veces, si

 

Pode o cativo deixar de tomar o antibiótico cando se sinta mellor?
Se o seu pediatra lle receita un antibiótico a seu fillo/a, asegúrese de que o tome durante o tempo que lle indicou, mesmo se se sentise mellor logo de 2-3 días. Siga ao pe da letra o prescrito: cantidade a tomar, número de veces ao día e número de días. Isto diminúe a probabilidade de que queden bacterias no seu corpo, que poderían volvérense resistentes aos antibióticos.

Que máis podo facer para evitar as infeccións?
Vostede tamén pode previr o contaxio de infeccións practicando hábitos de boa hixiene. Lave as mans con auga e xabrón, especialmente antes de comer ou darlle o peito a un lactante, e logo de ir ao aseo ou de axudarlle a seu fillo cando vai ao aseo, logo de cambiar os cueiros, logo de limpar ou soar o nariz ou axudarlle a seu fillo a facer isto mesmo e logo de tocar unha mascota. Ensine estes hábitos a seus fillos.

Que pode pasar se uso antibióticos pola miña conta?
As bacterias poden facerse resistentes aos antibióticos cando estes se toman sen necesidade. Isto xa está ocorrendo no noso país. Debemos pensar que, se o noso fillo se vise afectado por bacterias resistentes, as súas posibilidades de curarse son menores; ademais, existe un maior risco de complicacións. Isto pode chegar a ser un problema grave para algunhas persoas.

Que se pode facer para evitar a resistencia aos antibióticos?
Utilizar ben os antibióticos.

Recorde ¡ IMPORTANTE !

  1. Os antibióticos non son apropiados para calquera tipo de infección; a maioría das infeccións infantís cúranse sen eles. Non pida que se lle receiten antibióticos se non os necesita. [ Os antibióticos matan ás bacterias, non aos virus; non sempre son a solución ]
  2. Non tome antibióticos pola súa conta, sen a prescrición dun médico. [ Un antibiótico usado sen necesidade pode causarlle danos a seu fillo/a ]
  3. Cando o seu pediatra lle prescriba un antibiótico, siga fielmente as instrucións (doses, horario das doses, duración do tratamento) e, se ten algunha dúbida, pregunte.
  4. Non comparta os medicamentos con outras persoas. Non garde as menciñas “que sobren” para usalas noutra ocasión (Nas farmacias pode depositar de forma segura os medicamentos sobrantes).
  5. Lavar as mans é a mellor forma de evitar a transmisión de infeccións.

 

PARA AMPLIAR INFORMACIÓN:

Este artigo é cortesía da Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria (AEPAP)

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*