Os Bolechas e O Sabichón

bolechas_sabichonNos vindeiros días, hai moitas oportunidades de vermos o espectáculo cos personaxes de Carreiro. Velaquí o calendario.

Neste espectáculo de monicreques, os irmáns Bolechas enfróntanse nun concurso e solicitan a axuda do público para gañar

A coñecida familia Bolechas percorre desde esta primavera 56 concellos da Rede de Dinamización Lingüística para facer as delicias de cativos e cativas de 4 a 8 anos. Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili, Carlos e Chispa son, neste espectáculo, monicreques manipulados por actores á vista. Os irmáns enfróntanse nun concurso con divertidas probas que deberán superar coa axuda do público asistente, que pasa de espectador a coprotagonista da actividade. Acompáñaos, no papel de antagonista, a presentadora do concurso, que intenta que os participantes fallen durante os retos que lles propón, aínda que, ao final, resulte non ser tan mala.

CALENDARIO PRÓXIMO

19 de setembro, 18:00
A Paxareira, en Dodro

20 de setembro, 18:00
Castelo de Castro Caldelas, en Castro Caldelas

21 de setembro, 19:00
Teatro Municipal Lauro Olmo, no Barco de Valdeorras

26 de setembro, 19:00
Salón de Actos Municipal, en Fisterra

27 de setembro, 12:00
Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa, en Oroso

27 de setembro, 18:00
Edificio A Senra, en Bergondo

28 de setembro, 12:00
Edificio de Usos Múltiples Casa da Irmandade, en Sobrado

28 de setembro, 18:00
Casa da Cultura, en Mesía

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*