VII Limpeza Simultánea de Ríos

limpeza-riosAdega e o Proxecto Ríos convocan a cidadanía paar o domingo 28 de setembro.

O domingo 28 de setembro volvemos a “Mollarnos polos Ríos”. Calzamos as botas e pretendemos deixalos libres do lixo que segue a aparecer nas nosas ribeiras e ríos. Queremos uns ríos limpos, queremos poder gozar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar a sociedade da necesidade de que estes estean ben conservados. Se a túa entidade, concello, centro de ensino, etc. está interesado en participar nesta nova actuación ponte en contacto con Adega: 981 57 00 99 / 619 672 038. Mail: pacobanhobre@adega.info

Grazas á colaboración de 43 entidades o pasado ano, estimamos que se retiraron máis de 10 Tn. de lixo de orixe diverso e participaron un total de 499 voluntarias/os de 32 concellos en toda Galicia. O máis importante é que ano tras ano conseguimos concienciar un pouco máis á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos de residuos como premisa para a conservación da súa saúde.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*