Volta á Escola dos amigos da Familia Trebón

Lilia, Vito e Lucas tamén remataron as vacacións. Velaquí o seu primeiro día na volta ao colexio.

Logo dunhas intensas vacacións cheas de xogos e diversión, os nosos amigos e amigas regresan á escola. Vito, Lilia e Lucas estarán na mesma aula xuntos durante este curso.

Da man da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA), chegan á rede de balde as aventuras dun grupo de amigas e amigos moi especial, a Familia Trebón, que axudan a explicarlles aos máis cativos o que todos e todas podemos facer polo medio ambiente.

lilia_lee_549x549‘A familia Trebón no Planeta Verde’ é unha serie de contos en formato dixital que relata as ‘ecoaventuras’ protagonizadas polos cativos Lilia e Vito xunto cuns inesperados compañeiros chegados do espazo exterior: Carola Trebón, Anselmo Trebón e Lucas Trebón.

Podes consultar tamén a actividade de Sogama nas redes sociais:

 
 
 

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*