Lilia, Vito e Lucas tamén remataron as vacacións. Velaquí o seu primeiro día na volta ao colexio.
Logo dunhas intensas vacacións cheas de xogos e diversión, os nosos amigos e amigas regresan á escola. Vito, Lilia e Lucas estarán na mesma aula xuntos durante este curso.
Da man da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA), chegan á rede de balde as aventuras dun grupo de amigas e amigos moi especial, a Familia Trebón, que axudan a explicarlles aos máis cativos o que todos e todas podemos facer polo medio ambiente.
‘A familia Trebón no Planeta Verde’ é unha serie de contos en formato dixital que relata as ‘ecoaventuras’ protagonizadas polos cativos Lilia e Vito xunto cuns inesperados compañeiros chegados do espazo exterior: Carola Trebón, Anselmo Trebón e Lucas Trebón.
Podes consultar tamén a actividade de Sogama nas redes sociais:
- Facebook – Educación Ambiental Sogama
- Twitter – Educación Ambiental Sogama
- Tuenti Educación Ambiental Sogama
- O videoxogo ‘Separa para reciclar’
[…] CAPÍTULO 30: Volta á escola […]