A Campaña de Reciclaxe 2014/2015 xa a disposición dos centros escolares

separemos_ben_reciclaremos_mellorTerceira edición do proxecto, co lema “Separemos ben, reciclaremos mellor”.

Estes días de inicio do curso escolar 2014/2015 chegou xa aos colexios galegos a información relativa á campaña “Separemos ben, reciclaremos mellor”. As actividades destinadas a alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato, serán coordinadas e impartidas por educadores ambientais, encargados de poñer os medios necesarios para que os escolares aprendan a xestionar correctamente o lixo que producen a diario, capacitándoos ao mesmo tempo para levar a cabo unha tarefa pedagóxica na súa contorna familiar e social máis inmediato.

Os colexios dispoñen dun planing de traballo a desenvolver no momento en que así o consideren oportuno, contando para tal fin coa axuda de especialistas na materia. De feito, as actividades foron deseñadas para tres grupos de idade: de 8 a 12 anos (Primaria), de 12 a 15 anos (ESO), e 16 anos (Bacharelato), e a súa organización terá en conta o número de alumnos estimados por sesión (25-30), a duración da mesma (1 hora aproximadamente) e os monitores asignados, que polo xeral serán dous.

En todos os casos, o desenvolvemento da xornada seguirá o mesmo esquema:

– Charla teórica interactiva, contando para isto con presentacións gráficas, vídeos explicativos e avaliación de coñecementos.
– Actividades prácticas nas que aplicar o apreso. É o caso do xogo xigante da reciclaxe para os máis pequenos e caracterización de residuos para os maiores.
– Posta en común dos comentarios, observacións e cuestións máis relevantes, e resolución de todas as dúbidas que se poidan presentar.
– Entrega de material divulgativo e promocional, que en todo caso se utilizará a modo de reforzo e complemento.

A terceira edición da campaña, en vigor dende o pasado mes de agosto, combinará a súa presenza en concellos, a través dun aula móbil, con actividades en colexios, asociacións, eventos deportivos e centros comerciais de relevancia.

“Separemos ben, reciclaremos mellor” é unha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente e Sogama, que conta co apoio e colaboración de Ecovidrio, Ecoembes e os sistemas integrados de xestión de pilas (Ecopilas, Ecolec e ERP).

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*