O Dereito dos Pobos á Paz

paz_pombaA ONU inicia curso cada ano co Día Internacional da Paz. Achegamos peneira de recursos sobre a paz para as escolas.

Hai máis de trinta anos, en 1981, a Asemblea Xeral da ONU decidiu que a súa sesión de apertura en setembro concidise coa conmemoración do Día Internacional pola Paz.

“Posto que as guerras nacen na mente dos homes, é na mente dos homes onde deben erixirse os baluartes da paz”, recolle a declaración que os estados membros da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) formularon hai setenta anos entre as ruínas da Segunda Guerra Mundial e que recordaron tamén desta volta con ocasión desta conmemoración.

Sosteñen desde a Unesco que para edificar a paz, é necesario abrir os ollos ante a realidade da crise encuberta da educación durante os conflitos, cando as escolas se converten no albo dos ataques ou o ensino se transforma nun medio para adoutrinar ou sementar o odio. “Ante os estragos das guerras modernas, debemos recobrar a mesma audacia e promover con máis forza os incentivos da paz duradeira: o respecto dos dereitos humanos, da dignidade humana e dos valores democráticos”, afirmou na súa mensaxe institucional Irina Bokova, directora xeral da UNESCO. “Contra os discursos de odio que buscan enfrontar as culturas únalas contra as outras, debemos garantir o acceso mundial a unha educación de calidade que permita resistir aos chamamentos á violencia. Fronte á destrución da diversidade cultural e a persecución das minorías, debemos protexer o patrimonio como un incentivo para o entendemento mutuo. Fronte á ignorancia e a censura, debemos garantir a liberdade de expresión e protexer os xornalistas. Debemos loitar sen descanso contra o racismo, a discriminación, o extremismo e a manipulación das identidades culturais e relixiosas”

RECURSOS SOBRE A PAZ PARA AS ESCOLAS

*As escolas celebran ademais cada mes de xaneiro o seu Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Guerra e Paz de película: O Biblioxornal do IES San Paio fai unha peneira comentada de filmes dos que botar man para tratar nas aulas o tema da Paz.
http://www.edu.xunta.es/centros/iessanpaio/?q=node/939

Vacacións en paz: programa de acollida de nenos saharauís. O Concello de Ourense,organiza cada ano esta iniciativa en colaboración coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
http://botons.eu/2013/02/26/vacacions-en-paz-programa-de-acollida-de-nenos-saharauis/

Pintores pola Paz: Proposta do CEIP Vales Vilamarín, de Betanzos.
http://blogdeleo-valesvillamarin.blogspot.com.es/2013/01/dia-da-paz.html

Poemas pola Paz: Escolma de poemas peneirados no IES Monte Carrasco no Día Escolar pola Paz
http://aghaivota.blogspot.com.es/2013/01/dia-da-paz-xaneiro-2013.html

Día da Paz
ODE para traballar o Día da Paz en galego, castelán e inglés cos símbolos, personaxes destacados e unha escolma de actividades. Elaborado por Belén Junquera para 5º Curso Educación Primaria – Educación para a cidadanía e os dereitos humanos
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1362647247/contido/paz.html

O Día da Paz
Xogo de preguntas e respostas sobre a conmemoración do día da Paz. Elaborado por Xosé Antón Vicente Rodríguez (coa aplicación Brincaletras de Fran Macías) para 5º Curso Educación Primaria – Educación para a cidadanía e os dereitos humanos
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1358337877/contido/diadapaz/index.html

Vai estalar a Paz!
Xogo para un xogador para comprobar os coñecemos a favor da paz no mundo feito coas ferramentas do Proxecto “Xogamos?”. Elaborado por Fran Macías, Felo Couto e Xosé Antón Vicente para 1º Curso Educación Secundaria – Ciencias Sociais
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1327427642/contido/paz/paz.html

A era internet un compromiso pola paz. Utopías?
Secuencia didáctica para introducir os aspectos positivos e de compromiso para a educación pola paz que podemos desenvolver na rede. Xerar recursos que acompañen outra mirada e que potencien o compromiso e a proactividade creativa. Introducir o tema do uso responsable da información. Para 6º Curso Educación Primaria – Educación para a cidadanía e os dereitos humanos
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1300438448/contido/contenido/index.html

Mulleres pola paz
Achegamento á figura das mulleres que loitaron e loitan pola paz. Preténdese o achegamento a algunhas figuras de muller que resultan especialmente significativas na loita pola paz e a reflexión sobre o papel que desempeña a muller neste ámbito. Para 6º Curso Educación Primaria – Educación para a cidadanía e os dereitos humanos
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1300443733/contido/escenario.html

Cultura de Paz, a Paz como Cultura
Selección de recursos do Fórum Mundial de Educación – Foro 2010 Compostela,
http://botons.eu/2011/01/24/cultura-de-paz-a-paz-como-cultura/

“A educación é unha gran forza de paz, pero tamén pode ser un vector de guerra”
Entrevista con Kevin Watkins, director do Informe de Seguimento da Educación para Todos no Mundo de 2011, titulado Una crise encuberta: Conflitos armados e educación, onde se examinan as nocivas consecuencias dos conflitos para a consecución das metas da educación.
http://botons.eu/2011/03/24/a-educacion-e-unha-gran-forza-de-paz-pero-tamen-pode-ser-un-vector-de-guerra/

Consellos para unha xestión eficaz dos conflitos na familia
Artigo do pediatra Patricio José Ruiz Lázaro.
http://botons.eu/2014/09/01/consellos-para-unha-xestion-eficaz-dos-conflitos-na-familia/

Seminario Galego de Educación pola Paz. Un feixe de recursos na web do colectivo
http://www.sgep.org/

Educadores pola Paz
Recursos didácticos diversos, música pola paz, cinema pola paz, etc, na web do colectivo pioneiro fundado por Xesús R. Jares e Manuel Bragado en 1983.
http://educadorespolapaz.org/

 

OUTROS

Fundación Cultura de Paz
A prestixiosa entidade presidida por Federico Mayor Zaragoza, cunha longa traxectoria
http://www.fund-culturadepaz.org/

Escola de Cultura de Pau
Recomendamos entre outros o Banco de recursos e o programa Artes e Paz
http://escolapau.uab.cat/
http://escolapau.uab.cat/index.php?option=com_content&view=article&id=187%3Aeducacion-para-la-paz&catid=70&Itemid=93&lang=es
http://escolapau.uab.cat/index.php?option=com_content&view=article&id=65&Itemid=64&lang=es

O Nobel da Paz, web con información e recursos diversos
http://nobelpeaceprize.org/

Vídeo: Tres minutos con Gandhi
http://www.tu.tv/videos/tres-minutos-con-gandhi

Videoclip: Imagine, de John Lennon
Esta coñecida peza composta e cantada por John Lennon acompañou en diversas ocasións con motivo do Día Internacional da Paz. Este 2014 foi interpretada en máis de medio cento de concertos en países de todo o mundo como parte da iniciativa MasterPeace, apoiada por Nacións Unidas. Yoko Ono, viuva do coñecido membro do grupo The Beatles, cedeu os dereitos da peza á ONU para esta conmemoración.

Imagine, versión subtitulada
https://www.youtube.com/watch?v=RwUGSYDKUxU

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*