Voluntariado no Parque das Illas Atlánticas

illas_atlanticasAberta inscrición nunha iniciativa de Amigos da Terra.

Abriuse inscrición para os campos de voluntariado do Parque das Illas Atlánticas.

Datas

18 e 19 de outubro – Illas Cíes
25 e 26 de octubre – Illa de Ons

7 e 8 de febreiro 2015- Illas Cíes
14 e 15 de febreiro 2015 – Illa de Ons

O proxecto forma parte da iniciativa coa que Amigos da Terra xunto a Ecocampus UAM organizan varios Campos de Voluntariado Ambiental en diferentes áreas declaradas como “Parques Nacionais”. A idea é concienciar sobre a importancia destes legados naturais a través de proxectos e actividades nos espazos da Rede, os seus terreos e centros.

En Galicia desenvolveranse nas illas Cíes e Ons, e como principal actividade estudarase o desenvolvemento fenolóxico das principais especies de flora arbórea e arbustiva.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*