7 consellos para un mellor estudo/deberes na casa

Recomendacións para incrementar a eficacia das tarefas escolares que os nenos e nenas fan nos seus fogares.

Como axudarlle a teu fillo/a a estudar mellor? Como axudarlle a facer mellor os deberes? Así poden axudar pais e nais a mellorar a execución das tarefas escolares na casa, incrementando a eficacia da elaboración dos deberes e do tempo de estudo de seus fillos:

1. Axúdalle a configurar unha zona de estudo propia e tranquila

A concentración é mellor cando o neno ou a nena ten un espazo na casa, non necesariamente na súa habitación, destinado a ese tempo de estudo e deberes. Ese espazo debe estar afastado de distraccións e ruídos que poida haber no fogar: salón con televisor, cociña mentres se está usando, etc Debería ser, ben no seu cuarto ou noutra estancia, un espazo estable onde dispoña de todo o que poida necesitar e poida colocar e organizar os libros e materiais escolares que poida necesitar durante o tempo de estudo.

 

2.Axúdalle a crear unha rutina

Contar cun horario estable destinado diariamente á execución das súas tarefas escolares incrementa a eficacia do tempo de estudo. O feito de que o menor conte previamente coa previsión de que haberá de adicarlle determinado tempo e a determinada hora a ese traballo prepárao mentalmente para acometelo. Iso non quere dicir que non poida cambiarse excepcionalmente, pero o cambio sempre será menos conflitivo xa que existe un esquema previo e habitual a respectar.

 

3. Identifica o seu mellor horario

Relacionado co criterio anterior. A rutina diaria de estudo será máis efectiva se encaixa ese horario cotián no ritmo vital que máis efectivo se demostre con cada escolar en particular. Así por exemplo, hai pícaros que prefiren acometer estas tarefas a unha hora máis cedo e outros que a afrontan mellor logo de volver de xogar cos seus amigos ou logo de merendar.

 

4. Vixía/suprime as posibles tecno-distraccións

Non hai moitos anos que a única ou principal distracción neste sentido podía ser a televisión. Pero hoxe en día existen moitas máis: teléfonos móbiles, videoconsola, tableta electrónica, ipod, etc

Algunhas investigacións demostraron como maiores e menores non poden evitar de forma case compulsiva estar consultando cada pouco tempo os seus dispositivos electrónicos para comprobar a existencia de novas mensaxes ou responder a comentarios nas redes sociais. Isto crea unha situación moi contraproducente en términos de procura de concentración e acaba facéndolle perder moito tempo ao menor e incrementando o tempo de estudo necesario. A mellor solución nestes casos é converter ese tempo de estudo nun tempo de desconexión durante o cal os dispositivos deberán permanecer apagados e ata depositados noutro lugar da casa durante ese tempo de estudo.

 

Consulta co docente, pode orientarte e darche ideas
Consulta co docente, pode orientarte e darche ideas
5. Motiva e eloxia

Interesarse polas tarefas académicas do teu fillo/a é moi útil. Isto non significa presión nin control, senón simplemente preguntas sobre os temas novos nos que a clase está inmersa, oferta de axuda no caso de que a necesite ou simplemente darlle a oportunidade de falar sobre as tarefas escolares se así o desexa. Os estudos demostraron que o eloxio do esforzo é moito máis importante que o eloxio do resultado. Doutra banda, cousas como comentar diante dun familiar ou visita o bo comportamento e o esforzo e algún logro académico en particular do teu fillo/a mentres el está presente reforzarán o seu autoestima e a súa rutina de estudo.

 

6. Consulta co docente

Asistir ás convocatorias de reunión do profesorado e coñecer a súa planificación é moi útil para axudarlle a teus fillos/as tamén cando se trata das súas tarefas escolares. O profesorado poderá darche ideas concretas sobre como motivar ou implicarte na educación de teu fillo/a e orientacións sobre os obxectivos xerais do trimestre ou curso e sobre as necesidades concretas de cada alumno/a. O docente pode axudarche tamén a detectar detalles como a posibilidade de que o neno/a poida necesitar lentes ou no seu caso de axuda extra dun titor.

 

7. O bo exemplo, a mellor ferramenta

Será moi útil se o neno/a ve que os seus proxenitores organizan correctamente o seu tempo, planifican tarefas con antelación e establecen rutinas para os seus quefaceres cotiáns, controlan as tecno-distraccións establecendo horas de apagado dos seus móbiles e evitando consultalos compulsivamente, teñen os seus recunchos de estudo ou lectura, etc Un bo exemplo acaba sendo extraordinariamente máis efectivo que un bo consello, e se o bo consello vai acompañado dun bo exemplo as posibilidades de éxito son moi grandes.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*