PlayComic, para traballar o cómic nas aulas

playcomicFerramenta aberta para o traballo didáctico usando a banda deseñada nas aulas.

Trátase dunha ferramenta aberta deseñada por Antonio Muñoz Germán. Non é necesario descargala, pódese usar no propio navegador web. Dispón de versións en español e inglés. En palabras do seu creador, non se trata dun software máis para a creación de cómics, senón dun recurso especificamente pensado desde o principio para o seu uso no ámbito educativo, fundamentalmente para desenvolver a expresión escrita do alumnado.

Cunha adecuada gradación da dificultade, un sistema de axudas constante, un gran número de materiais xa elaborados (máis de 40 historias diferentes) e un sinfín de posibles actividades, preténdese:
– Transmitirlle ao alumnado un vocabulario útil e necesario para comunicarse.
– Axudar o alumnado a reflexionar sobre a gramática da lingua e a utilizala de forma correcta.
– Proporcionarlles ferramentas para expresarse, tanto de forma oral como por escrito, achega de temas que lles resultarán interesantes e motivadores.
– Darlles a oportunidade de reciclar e repasar o vocabulario e as estruturas gramaticais que van aprendendo.
– En clase de inglés, contribuír a que gocen da aprendizaxe dunha lingua estranxeira coa axuda dun material interactivo e motivador.

PlayComic traballa os seguintes contidos:

  • Lectura comprensiva dos comics mellorando a fluidez na súa capacidade lectora.
  • Uso de estratexias de comprensión das mensaxes orais e escritas.
  • Uso progresivamente autónomo de expresións comúns, frases feitas e léxico sobre temas cotiáns.
  • Identificación da actitude e intención do emisor.
  • Produción escrita de descricións, narracións, diálogos inmersos nos comics e as historias, tendo en conta os elementos de cohesión e coherencia.
  • Uso de estruturas, e funcións asociadas a diferentes situacións de comunicación.
  • Expresar ideas que requiran o uso de diferentes tempos verbais.
  • Valoración da corrección formal na produción de mensaxes escritas.

Inclúe guía detallada e guía didáctica

PLayComic foi deseñado e programado con Flash CS3 Profesional. A linguaxe de programación utilizada foi ActionScript 2.0 para Flash. Todos os obxectos, fondos, personaxes e, en xeral, debuxos son orixinais e debuxados nunha contorna vectorial o que posibilita o cambio de resolución sen perda algunha de calidade nos gráficos e textos.

Para entrar en PlayComic
http://ntic.educacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2009/playcomic/index_es.html

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*