Concurso: Desmontando rumores e estereotipos sobre a diversidade cultural

O prazo remata o 19 de decembro
O prazo remata o 19 de decembro
Educación Sen Fronteiras-Educo convoca un concurso de creación radiofónica ou audiovisual para loitar contra os mitos e prexuízos relacionados coa interculturalidade entre os centros educativos, AMPAs, organizacións xuvenís e entidades sociais que traballen con nenos, nenas e adolescentes de entre 10 e 17 anos. O prazo de presentación dos traballos acaba no mes de decembro.

Co obxectivo de incrementar as actitudes de tolerancia e respecto á diversidade cultural entre a comunidade educativa e xuvenil, Educación Sen Fronteiras-EDUCO convoca un concurso de creación radiofónica e audiovisual para escolas e entidades que traballen con nenos e nenas. Para participar no concurso proponse que de xeito participativo e en grupo (non se aceptarán traballos individuais) se creen produtos radiofónicos ou audiovisuais, de menos de 4 minutos de duración, cuxo contido axude a desmontar mitos, estereotipos, rumores e prexuízos sobre a diversidade cultural.

Dúas categorías

Os/as participantes incluiranse nunha destas categorías:

  • Primaria (para idades comprendidas entre os 10 e 11 anos)
  • ESO e Bacharelato (entre 12 e 17 anos)

Cada escola ou entidade pode mandar varias participacións aínda que só se aceptará unha por clase ou grupo.

A data límite de presentación é o 19 de decembro de 2014. As bases do concurso poden consultarse aquí.

Este concurso forma parte das actividades do proxecto “Desiguais: voluntariado e interculturalidade” cofinanciado pola Fundación Obra Social La Caixa.

Para calquera información adicional, podedes contactar coa entidade organizadora ao correo concurso.diversidadcultural@educo.org.

Podedes acceder aquí á guía didáctica que vos ofrece consellos sobre como elaborar un guión ou como relizar a gravación e edición dos produtos de audio ou vídeo.

Educación sen Fronteiras – EDUCO
http://www.educacionsinfronteras.org/

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*