A asociación ecoloxista Greenpeace ten activa unha nova campaña en prol da importante supervivencia das abellas. Asina aquí.
As campañas realizadas e as sinaturas colleitadas en toda Europa non foron en balde. A nivel europeo son xa catro os insecticidas tóxicos prohibidos. Con todo, desde Greenpeace recordan que son prohibicións temporais e parciais e que a nivel español hai autorizados 319 produtos considerados perigosos para as abellas.
Na web desta campaña de Greenpeace pode asinarse para solicitarlle ao goberno español que:
Estabeleza un calendario para a prohibición total dos 319 praguicidas que máis danan as abellas (imidacloprid, clotianidina, tiametoxam, fipronil, clorpirifos, deltametrin y cipermetrin)
Desenvolva un plan de acción integral para protexer as abellas e demais polinizadores
Faga un plan para o incremento a 7,6 millóns de hectáreas a superficie adicada á agricultura ecolóxica en 2020
Subliñan desde o colectivo: das accións de hoxe dependen as xeracións futuras de humanos e demais especies!