Venres nas Librarías

venres_nas_librariasIniciativa de fomento do libro e da lectura. Todos os venres durante os meses de outubro e novembro deste ano.

O proxecto ten como protagonistas títulos galegos publicados ao longo do último ano e que se desenvolverá todos os venres durante os meses de outubro e novembro deste ano. O programa propón unha tarde de venres compartida arredor dun libro e pon o seu foco nos establecementos dedicados á venda e promoción do libro como punto de referencia para os lectores, afirmou o conselleiro de Educación e Cultura, Jesús Vázquez, que se referiu ás librarías como “un axente cultural indispensable para a consolidación do tecido cultural galego”.

Andel do agasallo: concurso de libros nas redes sociais

A campaña contará cunha vertente nas redes sociais de Cultura, en Facebook e Twitter, nas que cada semana se abrirá un pequeno concurso de pistas para a descuberta dalgún libro galego, co que se agasallará o lector ou lectora que o descubra. Para participar neste concurso, Andel do agasallo, en @conscultura co hashtag #andeldoagasallo e na páxina www.facebook.com/CulturaGalegaXunta iranse facilitando pistas para adiviñar de que libro se fala cada semana nas redes.

Os asociados da Asociación Galega de Editores (AGE) son os encargados de elaborar a proposta de libros, de acordo cos autores e autoras, que forman parte da primeira edición do programa, no que poden participar librarías da Federación de Librarías de Galicia.

O calendario do programa, que inclúe un total de 15 títulos de Edicións Xerais, Edicións Embora, Hércules de Ediciones e Tosoxoutos, chegará nas vindeiras semanas aos concellos de Lalín, Vigo, A Coruña, Moaña, Ourense, Santiago de Compostela, Narón e Lugo a través das librarías Vagalume, Casa do Libro, Cartabón, FNAC, O Pontillón, Andel, La Región, Pedreira, Librouro, Day e Trama.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*