A ciencia dos superheroes

actividade_superheroesActividade de educaBarrié. O 14 de outubro na Coruña e 21 de outubro en Vigo.

Espectáculo de ciencia de educaBarrié, a canle para a comunidade educativa da Fundación Barrié, que trata aspectos de Física, Química, Bioloxía e Matemáticas para alumnado de Secundaria e Bacharelato.

Data: 14 de outubro de 2014
Hora: de 11.00 a 12.00 hs. e de 12.30 a 13.30 hs.
Lugar: Fundación Barrié, sede de Vigo (Policarpo Sanz, 31)
Data: 21 de outubro de 2014
Hora: de 11.00 a 12.00 hs. e de 12.30 a 13.30 hs.
Lugar: Fundación Barrié, sede da Coruña (Cantón Grande, 9)
Dirixido a: Alumnado de Secundaria e Bacharelato

Nº de prazas: Máximo 150 alumnos por sesión
Impartido por: Ceo Aberto

Os superheroes son personaxes case que mitolóxicos que se converteron en iconas da nosa sociedade. Existen de todo tipo e os seus poderes son moi diversos, pero, soportan unha análise científica as súas capacidades?

Mediante proxeccións de fragmentos de filmes e cómics descubriremos os problemas que comportan os superpoderes e por qué non debemos temer moitos dos viláns xurdidos do maxín dos escritores de cómic e os guionistas de cine.

Os poderes dos distintos personaxes permitirannos tratar aspectos da física, química, bioloxía ou matemáticas que habitualmente quedan restrinxidos ás clases da materia. Flash, Superman ou Spiderman ayudarannos no noso percorrido polo engaiolante mundo da ciencia.

De forma complementaria levaremos a cabo experiencias que ilustren as explicacións. Descubriremos a presenza de uranio en obxectos cotiáns, transmitiremos sons a través de voluntarios e comprobaremos a fe na ciencia do público con “arriscadas” experiencias -como rachar ladrillos sobre o seu corpo sen lles provocar danos-, desmontando algúns dos mitos científicos máis habituais entre os estudantes.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*