10 anos da presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués

logo_campanhaEste venres 17 de outubro, na sede do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, ás 12.00 hs. ( hora galega ), acto conmemorativo dos 10 anos da presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.

Neste acto darase a coñecer a nova campaña pola inscrición deste patrimonio na Lista Representativa da UNESCO.

Están convidados representantes das institucións galegas e portuguesas así como representantes de asociacións e colectivos que apoian o proceso da Candidatura.

O acto será retransmitido en directo a través da web de Ponte… nas Ondas! a partir das 12.00 hs. e contará coa actuación de Uxía e Augusto Canario.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*