O Samaín

Da man de Sogama, a familia Trebón cóntanos como celebra esta festa.

Chega o outono. Hoxe o ceo decorouse de lóstregos e tronos. Bo día para celebrar esta festa. O Samaín é unha celebración moi moi antiga que marca o paso do outono e indica que axiña vai chegar o inverno. Velaquí o ecoconto. Tamén dúas imaxes para colorear: unha co gato Evaristo e outra con Carola.

No Caderno Verde tamén podedes descargar dúas imaxes para colorear vencelladas a este capítulo: unha co gato Evaristo e outra con Carola.

cap31_carola_samainDa man da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA), chegan á rede de balde as aventuras dun grupo de amigas e amigos moi especial, a Familia Trebón, que axudan a explicarlles aos máis cativos o que todos e todas podemos facer polo medio ambiente.

‘A familia Trebón no Planeta Verde’ é unha serie de contos en formato dixital que relata as ‘ecoaventuras’ protagonizadas polos cativos Lilia e Vito xunto cuns inesperados compañeiros chegados do espazo exterior: Carola Trebón, Anselmo Trebón e Lucas Trebón.

Podes consultar tamén a actividade de Sogama nas redes sociais:

 

 

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*