Consumo de alcohol e prevención de drogodependencias en adolescentes: Novas claves e novos retos

xornada_drogodependenciasXornada o 14 de novembro na Facultad de Psicoloxía da Universidade de Santiago.

O evento está pensado para profesionais do ámbito da prevención de drogodependencias e institucións ou asociacións vencelladas.

Profesionais, investigadores e institucións veñen mostrando nos últimos anos unha crecente preocupación polo consumo abusivo de alcohol entre os adolescentes, chegando a converterse no primeiro problema de saúde no ámbito dos menores. A propia Estratexia Nacional sobre Drogas 2009-2016 fai explícita a preocupación sobre o tema e o mesmo pode dicirse da Estratexia da Unión Europea en materia de loita contra a droga 2013-2020.

Enfrontámonos a un problema de notable interese social, de enorme complexidade e a día de hoxe prioritario, que require un traballo conxunto e a cooperación entre diferentes institucións.

Desenvolver programas de prevención eficaces e debidamente adaptados aos novos tempos fai máis necesaria que nunca unha reflexión crítica acerca do que facemos, como o facemos e que obtemos. É necesario consensuar unha sistemática de traballo avalada tanto pola investigación, como pola práctica profesional, que sirva de guía para quen traballa neste ámbito. Posiblemente sexa esa unha dos mellores xeitos de establecer sinerxias, optimizar recursos, favorecer a eficacia, a eficiencia e a equidade no noso labor diario.

Esta xornada pretende constituír un punto de encontro entre profesionais dispostos a compartir puntos de vista, inquietudes e necesidades, xerando recomendacións derivadas da experiencia acumulada nestes anos. Na xornada matinal contaremos coa participación de expertos de diferentes países e institucións que nos proporcionarán boas referencias do que se está facendo neste campo. Pola tarde a voz pasará aos profesionais, para que sexan eles os que describan brevemente que é o que fan, como o fan, con que dificultades se atopan e que resultados obteñen.

Máis información (.pdf)
http://www.usc.es/gl/investigacion/grupos/psicom/congresos/jornada_alcohol_y_menores.pdf

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*