Galipedia: Editatón do Día da Ciencia en Galego

Biblioteca Intercentros de Lugo / Imaxe: Galipedia
Biblioteca Intercentros de Lugo / Imaxe: Galipedia

Convocatoria internáutica para este sábado 8 de novembro.

Un editatón é unha reunión á que os participantes asisten (física ou virtualmente) para editar e mellorar colectivamente os contidos dunha Wikipedia sobre un tema ou unha serie de artigos relacionados con el. Habitualmente están promovidos por unha institución educativa ou cultural e buscan ademais visibilizar a comunidade da Wikipedia, favorecer o contacto entre os seus membros e facilitar a incorporación a ela de novas persoas. Por iso é frecuente que incorporen unha sesión introdutoria á edición básica, así como actividades divulgativas.

O sábado 8 de novembro de 2014 vaise realizar o primeiro editatón da Galipedia. Trátase dunha actividade promovida pola Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, a Galipedia e Proxéctate en galego, e na que tamén colaboran Wikimedia España e Nerd Nite Compostela, que terá como temática central o Día da Ciencia en Galego, que celebra o 4 de novembro a súa quinta edición.

Información e subscrición na web do editatón na Galipedia
https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Primeiro_editat%C3%B3n_do_D%C3%ADa_da_Ciencia_en_Galego

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*