XV Xornadas de Expresión Oral Tíralle da Lingua

xornadas_aspg Asociación Socio-Pedagóxica Galega (As-PG). O 22 de novembro no IES As Fontiñas, en Santiago de Compostela.

PROGRAMA
09:45h – 10:00 Recepción e entrega de material

De 10:00 a 12:00 Contar (é)e ter a boca doce coma o sal, Lois Pérez Díaz, mestre e contador de historias
Acto I. O obreiro das historias, Lois Pérez, entra no proscenio e faise pasar polo arquitecto das mesmas. Achega experiencias, materiais, ferramentas… Confesa todas as súas inflúenzas, incluída a máis relevante, a súa propia estupidez. As/os asistentes desalóxano, pois entenden que xa non o precisan.
Acto II. Rexurdindo das súas cinzas, Lois Pérez comeza a cuspir historias. A xente non sabe o que pensar. Sacrificio ritual do narrador ou confabulatore nocturni. Aplausos. Fundido en negro.

· De 12:00 a 14:00 Dos arrolos ao álbum ilustrado. Bea Campos contacontos, actriz e directora teatral

Como enfrontarse á preparación dun conto para contar, dende escollelo até contalo. A disposición do contacontos. Dende onde contar. Relaxar, coñecer e desbloquear o corpo. Linguaxe corporal: o rostro e as mans do contacontos. Expresión oral: a voz do narrador e a creación de personaxes.

De 16:00 a 18:00 O espectáculo da palabra, Cándido Pazó autor, director de escena, narrador oral, e actor.
Conferencia-obradoiro sobre os rudimentos da narración oral como arte escénica entre a tradición e a creación

De 18:00 a 20:00 A lume manso, Soledad Felloza, actriz e contacontos
O lume foi, desde o albor dos tempos, lugar de xuntanza. Encontro, abrigo e refuxio. Ao redor, mentres se realizaban diversas tarefas, a voz era a melodía que pintaba os días e as noites. Mentres cociñamos a lume manso, os contos pasaron de xeración a xeracion. Onde procurar agora esas raices da nosa memoira, en tempos de microondas e vitrocerámicas?

Ás 20:00 Clausura

Máis información na web da AS-PG
http://www.as-pg.com/resources/newness/images/1414752141051-Programa%20web.jpg

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*