Conferencia de Ria Lemaire en Santiago de Compostela

ria_lemaireDentro da campaña pola inscrición do patrimonio oral galego-portugués na Lista Representativa da UNESCO, a profesora Ria Lemaire impartirá dúas conferencias en Galicia.

O venres 14, ás 19.30 hs. o acto celebrouse na Biblioteca Central de Vigo e o mércores 19 ás 19h será na sede do Consello da Cultura Galega de Santiago de Compostela.

Ponte…nas ondas! promove esta campaña cando se cumpren 10 anos da presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués na UNESCO, a primeira candidatura multinacional impulsada por centros educativos de dous países e que contou co aval dos estados español e portugués.

Conferencia dunha muller que é a mellor embaixadora do noso patrimonio común en todo o mundo. Non a perdades !

Ás 19.00 hs. no Consello da Cultura Galega.

Profesora da Universidade de Poitiers, Ria Lemaire dirixe o Centre de Recherches Latino-Américaines (CRLA). É especialista na literatura medieval e na literatura brasileira. Investigadora da oralidade e a escrita, en estudos comparados en tradicións orais na súa relación coa cultura da escrita e da Idade-Media. Responsable do prestixioso Acervo Raymond Cantel de literatura de cordel brasileira. Comeza a preparar, con Yara Frateschi Vieira ( UNICAMP e Santiago de Compostela) a edición de todas as publicacións en lingua alemá de Carolina Michaelis de Vasconcelos, a grande lusista-¨feminista¨ do período en torno do ano 1900.

Entrevista con Ria Lemaire: “O patrimonio inmaterial galego-portugués é base dunha forte identidade afectiva mantida malia as presións”

 

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*