Xplore Health: divulgando a biomedicina na aula

xplore_healthUnha iniciativa para diminuír a distancia entre investigación e educación, inspirar a futuros investigadores e promover a cultura científica.

Xplore Health é un programa educativo europeo impulsado conxuntamente por IrsiCaixa e a Obra Social La Caixa que ofrece recursos multimedia interactivos para achegar a investigación biomédica á aula. O programa fomenta o ensino das ciencias baseada na indagación (ECBI) e á vez a interacción dos estudantes con diferentes axentes sociais para que participen como cidadáns responsables nunha sociedade baseada no coñecemento. Desenvólvese a través de internet e a través de centros educativos, centros de investigación e museos de ciencia.

Xplore Health estruturase arredor de oito módulos temáticos:

  • Desenvolvemento de fármacos
  • Biotecnoloxía
  • Xenómica
  • Cancro de pel
  • Malaria
  • VIH/sida
  • Saúde mental
  • Obesidade

Recursos multimedia de cada módulo:

  • Experimentos virtuais: para levar a cabo experimentos en liña, seguindo as etapas da investigación biomédica e utilizando instrumentos de laboratorio virtuais. Ver exemplo en: Participa na investigación para atopar a vacina do VIH
  • Xogos: para divertirte, xogar e aprender sobre os últimos avances en investigación biomédica. Ver exemplo en: Stop Malaria
  • Vídeos de actualidade científica: para coñecer a investigadores que están desenvolvendo investigacións en diferentes laboratorios de Europa e aprender sobre os seus proxectos. Ver exemplo en: Lendo o libro do noso ADN
  • Debates: para xogar con xogos de cartas e estimular o debate sobre aspectos éticos, legais e sociais (ELSA). Ver exemplo en: Biotecnoloxía e ética
  • Documentos de traballo para alumnado: para facilitar aos docentes guías sobre como introducir as ferramentas de Xplore Health na aula promovendo o ensino das ciencias baseada na indagación (ECBI) e a investigación responsable. Ver exemplo en: Entrevistade a un investigador que traballe en cancro
  • Protocolos de experimentos: para facilitar a museos de ciencia e centros de investigación a organización de obradoiros de experimentos inspirados en liñas de investigación actuais. Ver exemplo en: Investiga sobre a vacina do VIH

Toda a información en ExploreHealth.eu
http://www.xplorehealth.eu/

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*