Semana Europea de Prevención de Residuos

semana_europea_prevencion_residuosDo 22 ao 30 de novembro.

A Semana Europea da Prevención de Residuos (EWWR) é unha iniciativa cuxo obxectivo é promover e introducir durante unha semana accións de sensibilización sobre recursos sostibles e xestión de residuos. Alenta a un amplo rango de publico (autoridades públicas, entidades privadas, sociedade civil e cidadáns individuais) a participar.

As accións que se levan a cabo na EWWR céntranse nos “3Rs”: Redución de residuos, Reutilización de materiais/produtos e Reciclaxe. Os “3Rs” representan as opcións que deben considerarse á hora de elaborar un sistema de xestión de residuos.

O tema proposto para a edición deste 2014 é o problema dos restos de comida e como evitalos. O obxectivo será sensibilizar sobre esta cuestión e animar á cidadanía a aproveitar ao máximo os alimentos que consumen e reducir as elevadas taxas actuais de desperdicio de alimentos.

En 2014 hai ao redor de 12 mil acciones de sensibilización e educación ambiental proxectadas como parte desta Semana Europea de Prevención de residuos.

En Galicia, Sogama convoca o concurso “Aprovéitate do que che sobra” dentro das actividades vencelladas a esta iniciativa.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*