E hoxe que comemos?

Ides tirar toda esas sobras da neveira? Non pensamos que sexa boa idea…

Anselmo, o gato Evaristo e o can Antenas están preocupados polo que van comer hoxe. Queren ir correndo á tenda. O profesor Uxío explícalles como aproveitar as sobras para cociñar cousas sabrosas.

Aproveitando a Semana Europea de Prevención de Residuos, que nesta ocasión ten o obxectivo de concienciar sobre a necesidade de aproveitar mellor a comida, Sogama achéganos un novo capítulo das aventuras da Familia Trebón.

Ademais do conto, tamén dúas imaxes para colorear: Anselmo cociñando e Lucas e Lilia á mesa.


cap32_interiorDa man da 
Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA), chegan á rede de balde as aventuras dun grupo de amigas e amigos moi especial, a Familia Trebón, que axudan a explicarlles aos máis cativos o que todos e todas podemos facer polo medio ambiente.

‘A familia Trebón no Planeta Verde’ é unha serie de contos en formato dixital que relata as ‘ecoaventuras’ protagonizadas polos cativos Lilia e Vito xunto cuns inesperados compañeiros chegados do espazo exterior: Carola Trebón, Anselmo Trebón e Lucas Trebón.

Podes consultar tamén a actividade de Sogama nas redes sociais:

 

 

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*