Inicio » Planeta Verde » Á neve!

Á neve!

Que frío! Aínda faltan unhas semanas para o inverno e aquí xa hai neve. Queredes saber onde están hoxe os nosos amigos? Na estación de esquí de Manzaneda. Este é o premio por aplicar tan ben os tres erres co lixo, e axudar así a ter un planeta verde. Menos mal que viñeron preparados. Cada un vén practicar o que máis lle gusta.

Da man de Sogama, viaxamos á neve coa Familia Trebón. Tamén na montaña os nosos amigos e amigas están pendentes de facer un planeta máis limpo.

Ademais do conto, tamén temos dúas imaxes para colorear: Vito e Lilia na neve e un paxaro contemplando a paisaxe.

 

cap33_cadernoDa man da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA), chegan á rede de balde as aventuras dun grupo de amigas e amigos moi especial, a Familia Trebón, que axudan a explicarlles aos máis cativos o que todos e todas podemos facer polo medio ambiente.

‘A familia Trebón no Planeta Verde’ é unha serie de contos en formato dixital que relata as ‘ecoaventuras’ protagonizadas polos cativos Lilia e Vito xunto cuns inesperados compañeiros chegados do espazo exterior: Carola Trebón, Anselmo Trebón e Lucas Trebón.

Podes consultar tamén a actividade de Sogama nas redes sociais:

 

 

One Response to Á neve!

  1. Pingback: PLANETA VERDE: As aventuras da Familia Trebón | Botóns

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*