“Un bosque encantado”

conservaatorio_danza_corunaCuarta Representación do Conservatorio Profesional de Danza da Coruña. No Teatro Colón. O 18 de decembro.

A IV Representación do Conservatorio Profesional de Danza no Teatro Colón leva por título “Un bosque encantado” e será dirixida polo Director do Conservatorio Luciano Gómez Pérez. A coreografía foi creada polo profesorado do propio centro. A música elixida é de Milladoiro, The Chieftains, Mercedes Peón e Ismael Berdei.

O alumnado que representará a peza é diverso, con idades de oito a vinte anos. A composición está baseada na natureza galega, a vida dos seus bosques, as súas personaxes, animais e seres máxicos.

Haberá dúas sesións o día 18 de Decembro no Teatro Colón.

Matinal, ás 12:00h para os Centros de Infantil e preferentemente, Educación Primaria, que así o reserven en ampadanza@gmail.com ou no número de teléfono 655.217.941

Tarde, ás 10:30h. Aberta ao público

A entrada é de balde até completar aforo.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*