Inicio » Actualidade » InvestigArte. O concurso artístico dos científicos de hoxe e de mañá!

InvestigArte. O concurso artístico dos científicos de hoxe e de mañá!

investigarteInvestigArte é un concurso de arte visual e tecnolóxica dirixido a dous perfís específicos:

  • Grupos de investigación.
  • Alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional.

InvestigArte foi ideado por un grupo de investigadores apaixonados pola fotografía e a súa utilidade para explicaren ás novas xeracións e á sociedade en xeral as innovacións científicas e tecnolóxicas asociadas aos seus proxectos científicos.

O concurso está organizado por educaBarrié, a iniciativa para a comunidade educativa da Fundación Barrié, Campus Vida (o Campus de Excelencia Internacional Liderado pola Universidade de Santiago de Compostela), o Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS), a Universidade da Coruña e a Fundación Nóvoa Santos; todos eles co obxectivo principal de achegar a ciencia e a tecnoloxía á nosa sociedade, a través de un concurso que pretende activar a visión artística e creativa da ciencia de alumnos e profesores de ESO, Bacharelato e Formación Profesional así como dos propios investigadores.

InvestigArte foi recentemente seleccionado pola Fundación Telefónica como unha das 100 iniciativas educativas mundiais máis eficaces para fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas.

InvestigArte definiu distintas categorías en cada un dos perfís:

Investigadores:

Macrofotografía (fotografías de obxectos maiores a un milímetro)
Microfotografía (fotografías de obxectos menores ou iguais a un milímetro)
Alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional:

Fotografía
Vídeo
Ilustración
Convidámoste a participar en InvestigArte. A terceira edición xa está en marcha. O prazo de presentación iniciouse o 5 de novembro de 2014 e concluirá o 20 de xaneiro de 2015, ambos inclusive. Podes gañar estupendos premios!

Ademais, InvestigArte organizará coas obras gañadoras de cada unha das categorías unha exposición itinerante que permitirá coñecer as investigacións científicas actuais, así como actividades didácticas nos centros escolares ao público en xeral.

Para máis información, visita a páxina web: http://www.investigarte.es/

Para participardes só tedes que enviar as vosas obras a través de: http://www.investigarte.es/participa/

Dirixido a:
Grupos de investigación.
Alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional.
Importe da matrícula:
Gratuíto.

+ Información:
Email: educabarrie@fbarrie.org

Teléfono: 981 060 099

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*