Ábrese en Muíños o Centro BTT da Serra do Xurés

btt_muinhos2Instalacións turístico-deportivas, destinadas a promocionar a práctica da bicicleta de montaña.

As instalacións inauguradas no Concello de Muíños constan dun centro de recepción e información no que se ofrecen servizos de aluguer de material, taller de reparacións e limpeza e información sobre as diferentes rutas turísticas e de BTT da comarca da Baixa Limia. Estas rutas BTT están sinalizadas, discorren polos arredores e están clasificadas dependendo da súa lonxitude e dificultade.

A creación deste centro BTT nesta comarca ten a súa razón de ser en que os concellos de Muíños e Lobios dispoñen dunha variada oferta de recursos paisaxísticos, naturais, arquitectónicos e culturais, así como dunha oferta en servizos e equipamentos turísticos que fixeron favorable a implantación deste novo produto turístico que pasa a integrarse na rede de Centros BTT Galicia de ámbito autonómico, promovida por Turismo de Galicia.

A Deputación de Ourense e Concello de Muíños asumen o ámbito económico coas correspondentes achegas de 30.000 € e 10.000 € e a Xunta de Galicia asume o compromiso de facilitar información referente ao espazo natural para as actividades de divulgación e sinalización que se vaian a realizar, e a manter os tramos de rutas de BTT en aqueles tramos que coincidan coas rutas xa establecidas do parque natural. Pola súa banda, o Concello de Lobios colaborará na promoción do Centro BTT Serra do Xurés e no mantemento das rutas.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*