Inicio » Actualidade » Noveno 9, revista dixital de banda deseñada

Noveno 9, revista dixital de banda deseñada

revista_novenoElaborada polo alumnado do curso profesional de O Garaxe Hermético.

O Garaxe Hermético, a escola dirixida por Kiko Dasilva, promove na rede a revista ‘Noveno‘, unha publicación que nace como ferramenta de aprendizaxe do alumnado matriculado no Curso Profesional de O Garaxe Hermético, Escola Galega de Banda Deseñada con sede en Pontevedra.

É unha revista para que os alumnos experimenten todos os parámetros necesarios para converterse nun profesional da banda deseñada. Cumprir con datas de entrega, o formato, o tema da revista, cumprir cuns parámetros de calidade para poder publicar. En definitiva Noveno é unha porta aberta aos futuros e futurasas autores de banda deseñada do mañá, por iso convidámosvos a acompañalos na emocionante e difícil aventura de converterse en historietistas profesionais.

A revista dixital de 87 páxinas ofrécese sen prezo para que cada lector poida facer doazón da cantidade que considere. De acadar cartos suficientes farase un recompilatorio en papel das mellores historietas dos distintos número

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*