Inicio » Actualidade » Chantada rap-E-ando pola igualdade

Chantada rap-E-ando pola igualdade

Videoclip gravado en novembro de 2014 como parte dun programa de sensibilización social e prevención da violencia de xénero.

Videoclip “Chantada rap-E-ando pola igualdade” from DELOGA on Vimeo.

Este videoclip foi gravado en novembro de 2014, e forma parte do programa de sensibilización social e prevención da violencia de xénero deseñado por Deloga e polo Concello de Chantada, a través do Centro de Información á Muller (CIM), denominado “rap-E-ando pola igualdade”, co fin de conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

O cambio que precisa a sociedade para acabar con esta lacra, non se pode acadar sen a implicación do colectivo xuvenil. Por elo, damos as grazas a todo o alumnado participante pola súa colaboración e participación activa neste programa.

Moitas grazas aos centros educativos, IES Lama das Quendas e IES Val do Asma, por incluír este tipo de actividades coeducativas e por toda a súa colaboración nas diferentes fases e obradoiros que compoñían este programa. En especial, ao profesorado de música pola súa implicación e axuda.
E a todas aquelas persoas que, directa ou indirectamente, fixeron posíbel que o programa “rap-E-ando pola igualdade” saíra adiante.

Instrumental:
“Cuando todo acabe” de Lex Luthorz
Canción créditos:
“My baby just cares for me” de Nina Simone
Gravación, edición e montaxe de vídeo:
Jonás Álvarez Rama

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*