Duolingo na escola

duolingoA popular ferramenta gratuíta de aprendizaxe de idiomas xa era usada por algúns docentes en todo o mundo. Por este motivo, e logo de detectar esa necesidade, Duolingo creou agora formalmente unha plataforma destinada ao seu uso escolar, facilitando o control por parte do docente da actividade do seu alumnado.

Agora os mestres poden ver o progreso de todos os seus estudantes nun só lugar co novo escritorio. Tamén destacan desde Duolingo a capacidade da ferramenta para identificar patróns de aprendizaxe e responder en función da evolución do alumno/a: isto é, no caso de conceptos, vocabulario, etc de especial dificultade para o alumno en cuestión, o sistema automaticamente reforza as tarefas relacionadas con eses aspectos máis débiles na formación de cada alumno concreto.

Duolingo para escolas

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*